Serra da Estrela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Serra da Estrela é o maior cordal montañoso de Portugal e inclúe a cota máis elevada do país en territorio continental, con 1.993 m sobre o nivel do mar no cume da Torre, que son superados só na Montaña do Pico, no arquipélago dos Azores, con 2.351 m sobre o nivel do mar.
A Torre
[editar | editar a fonte]O rei Xoán V de Portugal mandou construír, entre 1716 e 1726, na mesma cima da cadea montañosa, unha torre, de xeito que a súa punta atinxise a altitude dos 2000 m[Cómpre referencia]. Hoxe en día ao cumio chámaselle A Torre.
A serra
[editar | editar a fonte]O complexo montañoso desenvólvese sobre unha extensión duns 100 km, cun largo máximo duns 30 km. Está formado por unha vasta cadea de granito que en tempos medievais delimitou a fronteira meridional do país. A paisaxe natural comprende gargantas entalladas pola auga, freitas, torrentes e pequenas lagoas de montaña.
Tres ríos importante nacen na Serra da Estrela: o Mondego, o maior dos ríos con curso completo en territorio portugués, o Zézere, que é un afluente do río Texo; e un tributario do Mondego, o Alva.
Parque Nacional
[editar | editar a fonte]O grupo montañoso forma a parte principal do Parque nacional da Serra da Estrela, que cobre unha área de 1.010 km², da cal cerca da metade está por encima dos 700 m sobre o nivel do mar.
Esquí
[editar | editar a fonte]A serra acolle a única zona salientábel para practicar o esquí alpino en Portugal, nas proximidades da estación invernal de Loriga.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serra da Estrela |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- O can da Serra da Estrela é unha raza canina de montaña autóctona da zona.
- O queixo Serra da Estrela é un queixo típico da rexión.